#08 - En tempo presente, en tempo pasado, a arte de amasar o tempo nos museos
Manage episode 441631004 series 3375381
08 - En tempo presente, en tempo pasado, a arte de amasar o tempo nos museos
Os museos son tempo pasado, tempo presente e tempo futuro. Expoñen e crean historias, abren mentes e educan conciencias. “Os museos son lugares onde o tempo se transforma en espazo”, dicía o escritor turco Orhan Pamuk. Precisamente, de xestionar o tempo, de crear pedagoxía con ese tempo, e de educar con ese tempo de antes, pero tamén de agora, vai este novo programa do podcast Que din os rumorosos, arroutadas da historia de Galicia.
Partiremos dunhas xorandas entre profesionais celebrada pola rede de museos provincial de Lugo: “En tempo presente” (Ou sobre como amasar os tempos na xestión de museos). Un interesante obradoiro no que se abordou o concepto de tempo e as súas condicionantes na xestión de proxectos, prácticas educativas e investigacións en museos e espazos culturais.E, de tempo e da xestión dese tempo e dos proxectos culturais e educativos que están detrás dos museos, imos falar neste programa. Tentaremos coñecer quen está detŕas do corazón dos museos para que as as súas historias crezan, eduquen e perduren no tempo.
Que din os rumorosos... arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado.
Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0
Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (@raivenra).
Redes sociais onde atoparnos
https://twitter.com/historiaGAL
https://www.facebook.com/historiagalicia/
https://www.facebook.com/groups/535887783413440/?source_id=127191197685932
8 bölüm